Comunidade e sinerxías de apoio mutuo

By in Laboratorio on 26 Decembro, 2016

Activadora CompostelaEstamos a participar en Activadora, unha nova comunidade colaborativa aberta, inspirada nas redes de relación entre iguais.

A colaboración participativa non é un deseño baleiro. Está chea de nós, dos nosos valores e propósito común. Cooperamos para apoiar e desenvolver iniciativas e proxectos de base social que contribúan á (re)construción local das relacións de confianza e de axuda mutua: diversión e aprendizaxes compartidas, procomún e mancomún, servizos compartidos, empregabilidade, coidados, diálogo e cooperación interxeracional.

O noso proxecto piloto está a servir para establecermos relacións de colaboración activa co colectivo das persoas xubiladas de Compostela. A nosa expectativa máis inmediata é afortalar o vencello entre nós, compartindo estímulos e oportunidades para a activación social e a empregabilidade na nosa contorna.

Activadora é unha proposta de activación práctica. Unha comunidade colaborativa fundada en relacións xenuínas e directas, de confianza. Deliberamos e decidimos de xeito directo. Construímos e mantemos unha alianza para que todo flúa. Todo o que facemos é de dominio público, aberto e replicable.

Activadora é unha iniciativa autoxestionada, promovida e integrada por un grupo de persoas participantes na segunda edición de Colabora, programa de fomento do emprendemento social e o intraemprendemento de Santiago de Compostela.

Experimentamos para desenvolvermos innovación social.

Save

Save

Save

Save

Save

Save

Save

Save

Save

Save

Save

Save

Save

Save

Save

Save

Save

Save

Save

Save

Save

Documentación + Contexto