Archivoz Magazine

By in Laboratorio, Sin categoría on 12 Novembro, 2020

O noso labor en Archivoz: International Archives Magazine

Archivoz International Archives Magazine é unha publicación internacional sobre o mundo dos arquivos e a xestión documental, á que cal vimos de dar un novo pulo desde o colectivo profesional, co apoio de SEDIC (Sociedad Española de Documentación e Información Científica).

En esencia, Archivoz divulga as testemuñas de persoas que traballan no eido da documentación, poñendo de relevo as vicisitudes e arelas das profesionais e usuarias das distintas institucións e unidades documentais (arquivos, bibliotecas, museos e centros de documentación).

Cun punto de vista máis aberto, o proxecto quere responder ás inquedanzas e desafíos dunha sociedade que, cada día máis, se atopa coa necesidade de difundir, custodiar ou xestionar datos, información e documentos. Individuos, comunidades ou organizacións de calquera xénero, que se sorprenden involucradas no proceso documental e que requiren, con maior ou menor vehemencia, da nosa reflexión e experiencia para resolver os seus problemas e para afrontar a crecente dixitalización das relacións sociais.

Pola nosa banda, esta tempada vimos de colaborar na edición da revista, realizado tamén unha serie de entrevistas que ilustran dun xeito moi elocuente algúns dos retos actuais.

scqLab. é unha iniciativa sen ánimo de lucro que dialoga con proxectos culturais, científicos e tecnolóxicos, experimentando con técnicas contemporáneas de documentación.