Arquivo de prácticas colaborativas

By in Reviews, Sin categoría on 20 Xaneiro, 2020
Logotipo Instituto Do It Yourself

Un proxecto de investigación de procesos cooperativos, participativos e pedagóxicos acontecidos na converxencia entre arte, arquitectura e prácticas activistas locais.

 

#ArchivoIDYS

Co pulo do madrileño Instituto Do It Yourself e cunha proposta aberta e orgánica, o Arquivo de prácticas colaborativas configúrase -á marxe do nesgo instrumental das institucións- coma repositorio de proxectos ou banco común de coñecementos que pretende contribuír á reflexión crítica e á acción propositiva, no contexto local das iniciativas cidadás.

O arquivo ten dúas liñas de traballo: dunha banda o Banco Común ou Repositorio de proxectos, iniciativas, colectivos, procesos, movementos, grupos, que xera un arquivo con documentación de acceso libre. Doutra banda temos, o chamado Archivo Vivo, un programa de investigadores que cada ano identifica retos e obxectivos, dando pé a novas publicacións, exposicións, encontros e apoios á produción de proxectos.

Desde 2018, o Arquivo xunta a documentación (manuais, memorias, convenios, estatutos, guías didácticas, entrevistas, documentais, posters, colantes, camisetas, fotografías, vídeos etc.) procedente de distintas experiencias desenvolvidas no eido colectivo, cooperativo ou comunitario.

O Repositorio físico está localizado no propio Instituto e tamén conta cun espazo na web do IDYS coa documentación dixitalizada. Un dos principais intereses declarados do proxecto é a des-xerarquización e descentralización do arquivo.

 

Adianto dos resultados

O Instituto Do It Yourself, presentou hai pouco unha mostra de materiais do Archivo, xunto co primeiro número dunha nova publicación que resposta á necesidade de afirmar un marco teórico, desenvolvendo investigacións puntuais sobre o contexto concreto destas experiencias.

A mostra realizada conta con materiais de: Las Agencias, Yomango, Sabotaje Contra el Capitalismo Pasándoselo Pipa, Sitesize, flo6x8, En Contingencia, Straddle3, El gato con moscas, Industrias Mikuerpo, Fast Food, El Cartel, Todo por la Praxis, Democracia, Noaz, Sindicato de Manteros/Byron Maher, Nuria Güell, Arquitecturas Colectivas, Idensitat, Monte Perdido 60 Bis, PICO colectivo (VEN), Grupo Etcétera (ARG), La poeta Sound System, Iconoclasistas (ARG), Astra, UFA Fabrik (GER), Makea, Literatura Gris, Plataforma de Artistas Antifascistas, URBANBAT e veciñanza de Poble Sec, de Sant Antoni e de Camp del Clot.

 

Archivo de Prácticas Colaborativas 01
Descarga da publicación en PDF

scqLab. é unha iniciativa sen ánimo de lucro que dialoga con proxectos culturais, científicos e tecnolóxicos, experimentando con técnicas contemporáneas de documentación.