//Arquivo e dominio
Xornadasdoc

Arquivo e dominio

xornadasdoc_ 2

II Xornadas de Documentación do Ateneo Ferrolán (2015).

En outubro de 2015, presentamos o relatorio ‘Arquivo e dominio’ nas II Xornadas de Documentación do Ateneo Ferrolán. As xornadas trataban de poñer en valor o papel dos arquivos da administración pública e das institucións privadas no servizo á cidadanía.

A nosa exposición incide na natureza do arquivo como provisión de potencia e na súa estreita relación co desenvolvemento das distintas formas de dominación. O relatorio achega algunhas referencias sobre crítica da tecnoloxía no pensamento moderno e contemporáneo (Freud, Mumford, Foucault, Derrida, Bookchim, Sloterdijk…), co obxectivo de avanzar, sequera metaforicamente, na conquista dos “arquivos para a cidadanía” que evoca o lema destas xornadas.

Arquivo e dominio: bibliografía de referencia (Goodreads).