Aviso legal

scqlab.info é un weblog, sen ánimo de lucro, editado por Gaspar Domínguez

Correo electrónico: comunicacion@scqlab.info
 

Política de privacidade

Con caracter xeral este sitio web NON solicita nin almacena información de carácter persoal dos seus usuarios. Non utilizamos formularios automatizados, a información de carácter persoal non solicitada e recibida a través do correo electrónico ou outros medios elimínase unha vez rematada a xestión que a orixinou. Esa información en ningún caso se automatiza en base de datos, non se cede a terceiros e non é utilizada para fins distintos dos que a orixinaron.

scqLab NON recompila nin almacena información de carácter persoal dos perfís dos seus seguidores nos distintos medios sociais nos cales ten presenza. Para coñecer a política de proteción de datos persoais das distintas redes sociais diríxase aos apartados legais respectivos nos seus sitios web.
 

Política de cookies

scqlab NON usa cookies para recompilar información estatística do tráfico do sitio web.

No entanto, utilizamos WordPress e algúns pluggins de terceiros que poderían utilizar cookies. A eses efectos, os usos destas cookies nunca están baixo o control ou xestión do responsábel desta web, poden mudar a súa función en calquera momento, e entrar cookies novas. Estas cookies tampouco reportan ao responsábel desta web ningún beneficio.
 

Aceptación

Ao navegar polo sitio web unha vez informado/a da política de cookies entendemos que aceptas a utilización das que poidan existir por parte de terceiros. En calquera intre podes configurar o teu navegador para aceptar ou rexeitar as cookies, ou para recibir unha alerta cada vez que se garden no teu equipo.
 

Rexeitamento

Podes configurar o teu navegador web para recibir alertas de recepción de cookies. Tamén podes impedir ou revogar a instalación de cookies actualizando a súa configuración. De seguido indicamos a información ao respecto en algúns dos navegadores máis utilizados:

En Mozilla Firefox
En Google Chrome
En Apple Safari
En Internet Explorer

Para comunicar con scqLab e realizar calquera consulta sobre os termos desta política podes dirixirte por escrito ao enderezo de correo electrónico indicado arriba.
 

Creative Commons

Os textos e imaxes propias de scqLab publícanse baixo licenza Creative Commons (CC BY-SA 3.0 ES)
 

Es libre de:

Compartir — copiar e redistribuir o material en calquera medio ou formato
Adaptar — mesturar, transformar e crear a partir do material para calquera finalidade, incluso comercial.
 

Baixo as seguintes condicións:

Recoñecemento — Debes recoñecer adecuadamente a autoría, proporcionar unha ligazón á licenza e indicar se fixeches cambios. Podes facelo de calquera maneira razoábel, mais non de xeito que pareza que contas co apoio do licenzador ou o recibes polo uso que fas.

CompartirIgual — Se mesturas, transformas ou creas a partir do material, deberás difundir as túas contribucións baixo a mesma licenza que o orixinal.
 
No caso de que consideres que se ten producido unha violación dos teus lexítimos dereitos pola introdución dun determinado contido na web, deberás notificalo ao enderezo de correo indicado arriba.
 
Información actualizada o 23 de novembro de 2018