Cartas de arquivo

Cartas de Arquivo

By in Reviews, Sin categoría on 3 Xaneiro, 2018

A lectura dramatizada de cartas e outros documentos de arquivo,  un xeito novidoso de difundir a memoria.

O Arquivo Nacional do Brasil conmemora o seu 180 aniversario coa posta en marcha de “Cartas de Arquivo”. Este proxecto, realizado en colaboración con Definitiva Cia de Teatro e a Via 78 fará, unha vez ao mes, a leitura dramatizada dunha carta. A actividade trata de difundir parte do acervo textual do maior arquivo do Brasil, dependente aínda do Ministério da Justiça e Segurança Pública.

Nesta primeira edición o Arquivo apresenta a carta de despedida do conde d’Eu aos brasileiros, a bordo do buque “Parnaíba”, no porto de Ilha Grande, o 17 de novembro de 1889.

Esta caste de revisión oral do material de arquivo tamén debería axudar a redefinir e democratizar o discurso no campo da arquivística. Agardamos con interese os vindeiros capítulos.

 

www.arquivonacional.gov.br

Documentación + Contexto