Ver o que se ten diante esixe unha loita constante.
George Orwell
Non podemos agardar a que a calamidade desborde por completo á humanidade. Temos que seguir adiante. Ogallá o mundo non estivese tan cheo de loucos que insisten en que a xente só aprende grazas aos cataclismos.
Emma Goldman
Non podes mercar a revolución. Non podes facer a revolución. Apenas podes ser a Revolución. Está no teu espírito ou non está en ningures.
Ursula K. Le Guin
A democracia é a reflexión común e non o reflexo condicionado, a confianza non pode ser instantánea.
Paul Virilio
A emancipación auténtica, a revolución do século XXI, tamén pode pasar pola capacidade de non deixar rastro dixital, por non aparecer no correlato virtual.
Ingrid Guardiola
A xente corre tanto
porque non sabe onde vai,
quen sabe onde vai,
vai devagar,
para saborear
o «ir chegando».
Gloria Fuertes
Non se trata de conservar o pasado senón de realizar as súas esperanzas.
Adorno / Horkheimer
A ignorancia é o elemento máis violento da sociedade.
Emma Goldman
Encántanos
falar de flash mobs
no canto de teatriño de rúae os tratados sobre capitalismo cognitivo
tenden a encher bibliotecas enteirasAi, amigos: precisamos
máis asembleas en fábricas e barrios e oficinas
e menos radical chic
…
Aprendermos
dos estorniños
a alegría de voar xuntosJorge Riechmann
A loita do home contra o poder é a loita da memoria contra o esquecemento.
Milan Kundera
El ciberfetichismo y la sociofobia son la fase final de aceptación de la heteronomía terminal moderna, cuando ya sin ira ni negación nos sometemos al mercado y tratamos de emular socialmente sus dispositivos básicos.
César Rendueles