//Display of poetry
Balada do peepshow. Gaspar Domínguez, 2006 (CC BY 2.0)

Display of poetry

Apuntamento dun proxecto expositivo para o traballo fotográfico realizado para Andar21

What is the use of a book’, thought Alice, ‘without pictures or conversations?

LEWIS CARROLL, Alice’s Adventures in Wonderland, 1865

Apuntamento para unha exposición

A revista poética en red Andar21 (2001-2011), con máis de 200 colaboradoras literarias, foi un dos nosos primeiros proxectos na rede. Antes da eclosión das plataformas de auto-publicación, weblogs e perfís sociais, en Andar21 publicabamos o que a xente quería compartir.

As fotos que acompañaban a maioría dos poemas da revista son o resultado do propio proceso creativo e vivencial e teñen un carácter incidental. A relación das imaxes cos poemas é pois sobrevida. Tal asociación libre, en ocasións,  logra multiplicar a potencia poética das evocacións, orixinando unha simbiose significativa.

A exposición contempla unha vertente hipermedia que permite ao público acceder ou descargar documentación de contexto (poemas, videocreacións, libros…) que se liga ás imaxes mediante dispositivos móbiles ou tabletas ao dispor do público.

O proxecto, visual, poético e documental, quere convidar ao público a volver a vista sobre a primeira década do século XXI e a súa fonda pegada na nosa vida actual.

> As imaxes foron tomadas con dispositivos dixitais de primeira xeración.

> O encadre é o orixinal. Non hai retoques nin filtros.

> O eixo expositivo implícito é cronolóxico (2001-2011) e pode corresponderse coa posta en muro das reproducións.

> Os títulos das fotografías proveñen da obra textual á que acompañan.

> Cada foto vai acompañada por un rótulo (título, lugar, ano) e levará impreso un código QR correspondente coa páxina web do proxecto onde se presenta unha experiencia inmersiva para cada imaxe.

> Contexto e ambiente: panel e mesa disposta no fondo do espazo. A mesa reproduce un ambiente, mostrando obxectos e documentación contextual sobre o proceso creativo das fotografías e da revista digital de poesía que botou a andar hai 20 anos desde os cibercafés do país.

Mostra