Fálame de San Sadurniño

By in Reviews on 6 Novembro, 2017

Lavando na fonte do Coto, María Vilela

A veciñanza dun concello rural da comarca de Ferrol recupera a memoria do común.

O proxecto colectivo “Fálame de San Sadurniño” comezou nun obradoiro de capacitación dixital para abordar, mediante a dixitalización e xeolocalización de imaxes e voces, a memoria e o presente das distintas parroquias do concello.

O seu espazo web xa recolle centos de historias con valor etnográfico, histórico ou comunitario. Un traballo delicioso de recuperación e reapropiación colectiva da memoria e dos valores dun pobo.

www.falamedesansadurnino.org

 

scqLab. é unha iniciativa sen ánimo de lucro que dialoga con proxectos culturais, científicos e tecnolóxicos, experimentando con técnicas contemporáneas de documentación.