Fóra dos museos: pezas para un debate | Documentación + Contexto | scqLab.

Fóra dos museos: pezas para un debate

By in Reviews on 13 Abril, 2018

'As sete balas de Iria Flavia'. Museo das peregrinacións e da cidade de Santiago. NUMAX

A libraría NUMAX de Compostela acolle unha mostra que propón a reflexión colectiva sobre os nosos museos.

Unha actividade da Libraría NUMAX, comisariada pola investigadora Sabela L. Pato, convídanos a unha reflexión xeral sobre os nosos museos, achegándonos á súa orixe, indagando as súas problemáticas e analizando que tipo de obxectos custodian.
 

As pezas dun debate necesario

Durante 8 meses a libraría amosará, de xeito sucesivo, 6 pezas de diferentes museos e coleccións galegas. A proposta de materiais serve para debullar os elementos dun rico debate que ten como fondo a crise actual do sistema museográfico galego.

As dúas primeiras pezas expostas foron, ‘Os mosaicos romanos da Cigarrosa‘ (Como naceron os museos galegos?) e ‘As sete balas de Iria Flavia‘ (Onde gardamos a memoria?). Nos vindeiros meses o proxecto tratará de abordar con novas pezas, cuestións relacionadas coa arte do exilio, a arte relixiosa ou o abandono do patrimonio industrial.

O inicio da exhibición de cada peza acompáñase dunha conversa con especialistas e traballadoras dos museos. A mostra ofrece unha vertente reivindicativa que aposta pola necesaria afirmación dos museos nas axendas sociais, culturais e políticas.

https://numax.org/

 

scqLab. é unha iniciativa sen ánimo de lucro que dialoga con proxectos culturais, científicos e tecnolóxicos, experimentando con técnicas contemporáneas de documentación.