Interference Archive: o valor cultural das producións efémeras | Documentación + Contexto | scqLab.

Interference Archive: o valor cultural das producións efémeras

By in Reviews on 29 Outubro, 2017

Interference archive

Interference Archive é unha comunidade de persoas voluntarias que explora, desde 2011, o vencello entre a produción cultural e os movementos sociais.

Este colectivo autónomo mantén aberto un espazo en Nova York onde realizan atraentes publicacións, obradoiros e exposicións. Mais, sobre todo, Interference Archive constitúe hoxe un importante fondo documental sobre activismo, DIY, punk e proxectos de arte política dos últimos 25 anos.

O arquivo inclúe libros, material impreso e audiovisual, dándolle unha especial atención aos materiais efémeros (posters, panfletos, camisolas, chapas…) que a miúdo son marxinados nas coleccións institucionais.

interferencearchive.org

 

scqLab. é unha iniciativa sen ánimo de lucro que dialoga con proxectos culturais, científicos e tecnolóxicos, experimentando con técnicas contemporáneas de documentación.