Internet & Sociedade

By in Reviews on 5 Marzo, 2020

Unha nova revista para promover o debate e o pensamento crítico sobre os aspectos sociais, económicos e políticos do medio dixital e as TIC.

 

Revista Internet & Sociedade

A revista ‘Internet & Sociedade’ xorde ao abeiro do InternetLab, centro de pesquisa en tecnoloxía e dereitos humanos, que vén organizando o acervo brasileiro para os estudos sobre internet e sociedade (Internet studies) .

A nova revista ten como obxectivo profundar semestralmente no pensamento crítico e promover o debate académico ao redor de diferentes aspectos sociais, económicos, políticos e regulatorios do medio dixital e as tecnoloxías de comunicación e información.

 

O primeiro volume

Xa está dispoñíbel para descarga gratuita o primeiro volume da revista ‘Internet & Sociedade’ e o seu contido pode ser partillado e adaptado (CC BY-SA 4.0).

Este número trae 11 artigos inéditos sobre internet e o seu vencello coa vida social: intelixencia artificial, comunicación política, privacidade, proteción de datos, neutralidade da rede e violencia online. Unha colección de achegas de diferentes disciplinas, revisada segundo o padrón de pares das revistas académicas. O conxunto vai acompañado de obras artísticas e literarias que se achegan aos temas por outros camiños.

Desde a Galiza saudamos con grande interese o nacemento desta nova e necesaria revista en lingua portuguesa.


https://revista.internetlab.org.br/

scqLab. é unha iniciativa sen ánimo de lucro que dialoga con proxectos culturais, científicos e tecnolóxicos, experimentando con técnicas contemporáneas de documentación.