La Biblioteca Roja

By in Reviews, Sin categoría on 27 Decembro, 2017
La biblioteca roja documentaescenicas.org.ar

Foto: documentaescenicas.org.ar

O desenterramento dunha biblioteca familiar por parte do Equipo Argentino de Antropología Forense.

O libro ‘La Biblioteca Roja’ de Agustín Berti, Gabriela Halac e Tomás Alzogaray Vanella xunta fotografías e testemuños do desenterramento, por parte do Equipo Argentino de Antropología Forense, da biblioteca que unha familia decidira protexer do horror da ditadura.

[Sinopse]

Entre decembro de 1975 e marzo de 1976, os estudantes Liliana Vanella e Dardo Alzogaray, enterraron parte da súa biblioteca nun pozo de cal no patio da súa casa na cidade de Córdoba (Arxentina). En agosto, a meses do golpe de estado, Dardo exiliouse en México. Liliana e o seu fillo Tomás seguírono polo nadal. Oito anos máis tarde, baixo un programa de repatriación de exiliados de Nacións Unidas, volveron ao país. Unha vez instalados na casa, comezaron a cavar en distintos lugares do patio procurando dar co vello pozo de cal. Logo dalgunhas tentativas erradas, Dardo atopou unha bolsa. Dentro había un libro desfeito pola humidade. Decidiron pechar o pozo e dar a biblioteca por perdida.

Trinta anos despois, Gabriela Halac e Tomás Alzogaray Vanella comezaron unha indagación en torno ao destino das bibliotecas dos seus pais, ao que tempo despois se sumou Agustín Berti.

A escavación do patio dos Alzogaray Vanella comezou os primeiros días de xaneiro de 2017, con axuda de membros do Equipo Argentino de Antropología Forense. A semana de traballo, removendo máis de catro toneladas de terra, ata dar co pozo de cal, foi rexistrada por Rodrigo Fierro. Un metro e medio baixo terra, detrás de tres piñeiros, acháronse dezaseis paquetes.

La biblioteca roja naceu coma proxecto colectivo. O camiño percorrido por cada integrante do equipo foi adquirindo novos sentidos a medida que avanzaba. Gabriela Halac (1972), artista, escritora e editora. Fundadora do espazo de produción, formación e investigación artística DocumentA/Escénicas, está a cargo da dirección do proxecto editorial, que aborda a produción do libro como práctica artística contemporánea. A súa produción artística xira ao redor das diferentes abordaxes das problemáticas da memoria. En 2013, estaba a traballar sobre a biblioteca que o seu pai queimara cando Tomás, un amigo que facía pouco regresara de México, contoulle a historia dos libros que os seus pais, Liliana e Dardo, soterraran antes de marchar ao exilio.

edicionesdocumenta.com.ar

 

Documentación + Contexto