scqLab alfabetización informacional

Obradoiros scqLab.

By in Laboratorio on 13 Outubro, 2015

Alén da alfabetización informacional. Coñece o noso obradoiro de habilidades e recursos de información en Internet.

 

Alén da alfabetización informacional

Queremos trascender o marco formativo da alfabetización informacional para desenvolver un ambiente experimental onde compartirmos coñecemento através da exploración compartida.
 

Nova cultura da información

O scqLab. nace en 2013 para construír e dispoñibilizar na nosa contorna un repertorio crítico sobre o uso que facemos de Internet e das tecnoloxías da información e comunicación. O proxecto responde á necesidade de pularmos por unha nova cultura da información que reubique ás persoas no centro dos procesos de coñecemento.
 

Prácticas de uso común

Somos moi amigxs do acceso e do código abertos. Non obstante, aquí usamos e analizamos distintos tipos de aplicacións e utilidades co obxectivo de abranguer todas as prácticas de Internet de uso común.

O Labo ten vocación de reproducirse e medrar nos espazos sociocomunitarios. Contacto

 


Coñece tamén os nosos faladoiros sobre As tecnoloxías intelectuais através dos tempos

scqLab. é unha iniciativa sen ánimo de lucro que dialoga con proxectos culturais, científicos e tecnolóxicos, experimentando con técnicas contemporáneas de documentación.