//O blog do meu avó: memoria histórica familiar e colectiva
Quiosco de José Rodriguez Failde

O blog do meu avó: memoria histórica familiar e colectiva

A historia de José estaba oculta entre milleiros de historias que esvaeceron cos seus protagonistas durante as últimas décadas.

A historia oculta

Á volta de Cuba, o avó José puxo un quiosco no mesmo centro de Ourense. José era progresista e non vendía prensa de dereitas, motivo polo cal foi represaliado en varias ocasións. En 1936, tralo golpe militar, os fascistas queimáronlle o quiosco e levaron as cinzas até a porta da súa casa. Despois foi perseguido e encerrado en varias prisións.

Alfonso non coñecera ao seu avó José. Necesitaba desentrañar esta historia familiar recibida oralmente, principalmente do bico materno. O neto foi aos arquivos e creou ‘o blog do meu avó’ para publicar os artigos, poemas e fotos que ía atopando. Lembranzas do avó, da súa actividade industrial e intelectual, das súas ideas e tamén algún que outro rastro documental da represión.

A “recuperación histórica persoal, familiar e colectiva” que emprendeu Alfonso é un exemplo máis. A historia de José estaba oculta entre outros milleiros de historias que esvaeceron cos seus protagonistas durante as últimas décadas.

Contracapa do libro Armonías
Achádegos

Lei 52/2007

Desde a súa entrada en vigor,  a Lei de Memoria Histórica ordena, entre outras cousas, “facilitar o acceso aos documentos relativos ás vítimas da Guerra Civil, o exilio e a represión durante a ditadura franquista”.

Sen xustiza, sen reparación e sen avós, o campo documental segue a ser importante para moitas familias feridas e abandonadas no país do mundo con máis foxas comúns logo de Cambodia.

joserodriguezfailde.blogspot.com.es