Poética de redes | Documentación + Contexto | scqLab.

Poética de redes

By in Laboratorio on 1 Xullo, 2016
Andar21 Revista poética en rede

andar21 (CC BY-SA)

Cando se cumpren 15 anos da botadura de Andar21, estamos a preparar unha exposición conmemorativa e algunha outra sorpresa.

Andar21: revista poética en rede

En 2001 puxemos en marcha unha publicación en Internet para sondar as posibilidades da poesía no medio electrónico. A revista poética en rede, con máis de 200 colaboradores literarios, foi un dos primeiros proxectos colaborativos da cultura galega en Internet.

“…a experiencia foi altamente satisfactoria e instrutiva. Cremos que Andar21 levou a cabo, mentres foi o caso, un tipo de actividade entusiasta dentro do campo literario galego, a cariñosa sabotaxe dos que baixamos do monte.

Un compañeiro chileno contábanos hai pouco como é que o progreso non entende o xogo dos meniños mapuches que lle saen ao paso nas estradas do sur. As arriscadas carreiras dos cativos no medio dos transportes pesados envorcan algunha máquina, retardan o tránsito e permiten dar aviso ás comunidades en resistencia.”

Demos conta desta experiencia no relatorio “Poética de redes: a poesía no medio electrónico” (AELG, 2011).

 

Save

Save

Save

Save

Save

Save

Save

Save

Save

Save

scqLab. é unha iniciativa sen ánimo de lucro que dialoga con proxectos culturais, científicos e tecnolóxicos, experimentando con técnicas contemporáneas de documentación.