poppy field

Poppy Field: infografía histórica exemplar

By in Reviews on 6 Novembro, 2017

Unha reflexión visual sobre a perda de vidas humanas nas guerras.

A exemplar infografía ‘Poppy Field: Visualising War Fatalities‘, obra de Valentina D’Efilippo, foi publicada por vez primeira no libro The Infographic History of the World. En 2014, no centenario da Primeira Guerra Mundial, presentouse a web coa experiencia completa de datos interactivos, realizada en colaboración con Nicolas Pigelet.
 

Simbolismo e representación

A Grande Guerra foi un evento espantoso que superou calquera outro conflito coñecido até daquela. Por desgraza, apenas estaba a inaugurar unha nova escala de destrución que seguiría medrando. Despois deste conflito, a papoula convertérase nun símbolo de conmemoración en moitos países.

Na infografía cada papoula representa un conflito diferente: o talo medra desde o ano en que comezou a guerra e as flores no ano en que rematou. O seu tamaño revela o número de mortes e a variación de cor representa as áreas implicadas.

www.poppyfield.org

 

 

scqLab. é unha iniciativa sen ánimo de lucro que dialoga con proxectos culturais, científicos e tecnolóxicos, experimentando con técnicas contemporáneas de documentación.