Proyecto Squatters: educación contra a publicidade
Un proxecto contra-publicitario arxentino ergue unha ollada crítica e consciente sobre a sociedade de consumo e, particularmente, sobre os efectos políticos, sociais e psicolóxicos que ten o discurso publicitario.
O Proyecto Squatters, de carácter artístico e educativo, defínese como ferramenta de resistencia simbólica fronte ao discurso dos poderes dominantes, contra os intereses das grandes corporacións privadas que se apropian e comercializan o espazo público.
O colectivo difunde ideas interesantes y divertidas para discutir, desde o DIY, as formas e dimensións que adquire a publicidade nunha sociedade ateigada de consumo e valores mercantilistas.