que flúa

Compostela flúe

By in Laboratorio, Reviews on 2 Abril, 2016

En 2016 participamos nas xornadas de traballo “Que flúa!: pensar a mediación cultural” e estas son algunhas conclusións que tiramos trala experiencia.

Organizado pola concellería de Acción Cultural de Compostela e conducido por Jordi Claramonte e David Rodríguez -AKa Tina Paterson-, (La fiambrera obrera, yomango, La Tabacalera, MediaLab Prado…), o obradoiro convocaba ás persoas relacionadas coa xestión cultural da cidade (programadoras, animadoras dos centros socioculturais…) cos cabos soltos -coma nós- da autoxestión compostelá.

Cara un modelo de mediación local

Un dos obxectivos das xornadas era tentar construír as bases dun modelo de mediación local, dando especial relevancia ao espazo de experimentación (laboratorio de procomún) que se vén de habilitar no edificio da vella Casa da Xuventude, logo de que a Xunta lle cedera a xestión ao Concello.

Boa ocasión para facermos terapia, obxectivando as nosas propostas, ideas e proxectos actuais coa realidade circundante, explorando a potencialidade dos procesos participativos que se están a abrir desde as institucións.

Estas son algunhas conclusións tiradas trala experiencia:

  • A creación de comunidade é fundamental. E nela ninguén pode acaparar o criterio de decisión. Ninguén é imprescindíbel agás a comunidade mesma.

  • Traballar sobre proxectos colaborativos (Do ‘Do It Yourself‘ ao ‘Do It With Others‘). Colaborar sobre a experiencia do procomún, a ética hacker que aprendemos transitando e okupando espazos durante as últimas décadas.

  • Realizarmos os proxectos posíbeis para a comunidade, non os que se nos ocorren a nós. “Seguramente se empieza a ser santo cuando se escoge un determinado modo, uno cualquiera, y se empieza a perseverar en él sin mirar a los lados.” (Jordi Claramonte). Non procuramos a santidade, senón o cambio. Trátase pois de facer, de crear e construír algo concreto (prototipos replicábeis) en comunidade.

  • As convocatorias que se realizan (propostas, proxectos…) son abertas ás persoas que queiran colaborar. Non desdeñar a posibilidade de que se produza algún apoio institucional. Se acontece debemos contemplalo, non sen cautela, coma unha oportunidade.

  • Importancia do acollemento. A comunidade e os espazos están para acoller(nos) ás persoas afectadas.

  • Espazos: avanzar cara un modelo de espazos non expositivo senón de produción autoxestionada, de colaboración (onde facemos, experimentamos, creamos prototipos…) xerando autonomía contaxiosa.

  • Documentar os proxectos e compartir coñecemento: todos os proxectos son documentados, xerando un arquivo audiovisual que se comparte.

  • Para non malograr a efectividade dos nosos proxectos convén que nos paremos a pensar nas linguaxes e na actitude que empregamos. Non desde a perspectiva do márketing senón desde o afecto.

  • O mediador adoita resignarse á inefectividade do sistema cultural, dado que ocupa -e desexa manter- un lugar na xerarquía que reproduce os satisfactores deficientes. As persoas que aspiramos á autonomía e ao empoderamento comunitario gozamos dunha mellor disposición para xerar sinerxias que satisfagan as necesidades.

Save

Save

Save

Save

Save

Save

Save

Save

Save

Save

Save

Save

Save

scqLab. é unha iniciativa sen ánimo de lucro que dialoga con proxectos culturais, científicos e tecnolóxicos, experimentando con técnicas contemporáneas de documentación.