Spotify is not a public library

By in Reviews, Sin categoría on 21 Xaneiro, 2020

Radiohead presenta a súa nova web comercial coma se fose unha biblioteca pública e as redes sociais aplauden con entusiasmo.

Esta imaxe ten o atributo alt baleiro; o seu nome de arquivo é radiohead_pl.jpg

Enésimo rebranding

Radiohead Public Library non é unha biblioteca pública, mais si é un exemplo da crecente preocupación das bandas comerciais por controlar a súa imaxe de marca no eido dixital. E Radiohead é unha banda de primeira liña cun enorme historial de manobras promocionais.

Segundo o comunicado da banda británica, para eles “Internet nunca foi un recurso fiábel para obter información detallada ou precisa sobre Radiohead”. É por iso que agora lanzan unha nova web coa que din combater a aparición da súa música “sen ilustracións detalladas ou calquera contexto adicional, vídeos de baixa calidade precedidos de anuncios e barallados por algoritmos”.  Un discurso que formaría parte do enésimo rebranding de Radiohead –como cando en 2016 desapareceron de Internet-, agochando hoxe a súa nova adscrición corporativa: nada menos que a Spotify!

Radiohead Public Library Web

Agora paga Spotify

Se ben Radiohead exhibiu no pasado certas diferenzas co modelo de explotación da industria da música en liña, hoxe aloxa e distribúe todos os seus discos na mesma plataforma que foi branco das súas críticas. Os negocios en liña semellan madurecer. E agora paga Spotify.

Na Radiohead Public Library, mesmo podes imprimir o teu propio carné de usuaria. Mais non, non se trata dunha biblioteca pública. Apenas é outra campaña de marketing viral da industria da música online.

Spotify is not a public library!

Coida os teus datos, acode ás bibliotecas!

scqLab. é unha iniciativa sen ánimo de lucro que dialoga con proxectos culturais, científicos e tecnolóxicos, experimentando con técnicas contemporáneas de documentación.