O Arquivo Histórico Universitario de Santiago de Compostela vén de presentar o proxecto de Documentación da Oposición Antifranquista e o Movemento Estudantil na USC

Un proxecto de investigación de procesos cooperativos, participativos e pedagóxicos acontecidos na converxencia entre arte, arquitectura e prácticas activistas locais.

A exposición ‘Gráfica anarquista. Fotografía e revolución social‘ é parte dun proxecto de investigación máis amplo.
Un arquivo dixital que trata de visibilizar as artes e as culturas xitanas, poñendo de relevo a súa importante contribución á historia cultural europea.
Vén de ser publicado o arquivo do proxecto Software Heritage que permite explorar de forma sinxela a maior colección de código fonte do mundo.

Colección ‘Cuba Material’.
A dixitalización dos repertorios de cultura material e a súa difusión en Internet achegan novas formas de abordar a interpretación do pasado e do presente. O proxecto ‘Cuba material’ é un caso exemplar.
Transcorridos máis de 30 anos, o teatro documental aborda a memoria do movemento contra o servizo militar obrigatorio, inadvertida para a maioría das institucións.
‘Unha Gran Burla Negra’ vén de abrir unha reflexión pública sobre a catástrofe do Prestige, a partir do inventario, estudo e exposición do seu arquivo cultural.

theblackarchives.nl
The Black Archives é un arquivo histórico comunitario que promove o diálogo sobre a vida e a cultura das persoas afrodescendentes da Holanda.
A lectura dramatizada de cartas e outros documentos de arquivo, un xeito novidoso de difundir a memoria.
Unha iniciativa colaborativa que está a localizar, estudar, inventariar e dar a coñecer filmes gravados na Guarda e no Baixo Miño.
O Manchester Digital Music Archive é un arquivo comunitario en liña creado para celebrar a música de Manchester e a súa historia social.
A historia de José estaba oculta entre milleiros de historias que esvaeceron cos seus protagonistas durante as últimas décadas.
A veciñanza dun concello rural da comarca de Ferrol recupera a memoria do común.
Xarxa de Biblioteques Socials (Rede de bibliotecas sociais) está formada por máis de vinte bibliotecas, arquivos e centros de documentación de Catalunya e o País Valencià.
Interference Archive é unha comunidade de persoas voluntarias que explora, desde 2011, o vencello entre a produción cultural e os movementos sociais.