The Black Archives: necesítase toda unha aldea para criar un neno

By in Reviews on 5 Decembro, 2018

www.theblackarchives.nl

theblackarchives.nl


The Black Archives é un arquivo histórico comunitario que promove o diálogo sobre a vida e a cultura das persoas afrodescendentes da Holanda.

 

New Urban Collective

“Necesítase toda unha aldea para criar un neno”. Iniciada por estudantes e xoves profesionais, a asociación New Urban Collective pretende aplicar este proverbio africano na sociedade holandesa por medio dunha rede sólida que axude ás persoas no seu desenvolvemento persoal, promovendo a autoconciencia e a mobilidade social dos afrodescendentes holandeses, a través da cultura e a transferencia de coñecemento. Para iso, organiza actividades, proxectos e asesora a organizacións e individuos de diversas orixes culturais, con especial atención á comunidade afrocaribeña e á diáspora africana, nos ámbitos da educación, o traballo, a diversidade e os dereitos humanos.
 

The Black Archives

Xestionado polo New Urban Collective, The Black Archives é un arquivo histórico de Amsterdam que quere promover o diálogo sobre a vida e a cultura afrodescendentes. The Black archives documenta a historia dos movementos de emancipación da negritude nos Países Baixos, facilitando un tipo de material que non se adoita debater nas escolas e universidades. Deste xeito, a literatura, o coñecemento e información referidos a persoas de ascendencia africana son accesíbeis para o estudo e a investigación.

En 2015 foi inaugurado o New Urban Café, un lugar onde para coñecer a cultura, a historia e a literatura e sobre a diáspora surinamesa e africana. Ofrécese unha colección documental compilada polo finado sociólogo Waldo Heilbron. Desde aquela, a colección medrou grazas a outras doazóns de libros, literatura e material cinematográfico, como a colección Huiswouds, a colección Willemsen e os libros e arquivos da Asociación Suriname. Estas coleccións céntranse en temas como o racismo, a escravitude, a colonización ou o feminismo, así como a literatura sobre Suriname, as Antillas Holandesas, América do Sur e por suposto África.

O Arquivo ten un equipo que constrúe, mantén, asesora e organiza o traballo comunitario de moitas persoas voluntarias.

www.theblackarchives.nl

 

scqLab. é unha iniciativa sen ánimo de lucro que dialoga con proxectos culturais, científicos e tecnolóxicos, experimentando con técnicas contemporáneas de documentación.