Xarxa de Biblioteques Socials

By in Reviews on 3 Novembro, 2017

Xarxa de Biblioteques Socials

Xarxa de Biblioteques Socials (Rede de bibliotecas sociais) está formada por máis de vinte bibliotecas, arquivos e centros de documentación de Catalunya e o País Valencià.

Estas bibliotecas teñen en común o seu vencello cos movementos sociais e o seu funcionamento autoxestionado. O obxectivo da Xarxa, alén de partillar un catálogo colectivo en liña, é ofrecer formas alternativas de achegarse á lectura de textos de utilidade para a transformación social.

A Xarxa pretende superar o modelo tradicional das bibliotecas públicas, explorando novos xeitos de relacionarse nos espazos de lectura, desde a horizontalidade e a aprendizaxe mutua.

xarxabibliosocials.org

 

 

scqLab. é unha iniciativa sen ánimo de lucro que dialoga con proxectos culturais, científicos e tecnolóxicos, experimentando con técnicas contemporáneas de documentación.